Os tornados
O tornado é un dos fenómenos meteorolóxicos de máis risco. Trátase dun gran funil de aire que xira a moita velocidade, os seus ventos poden acadar os 400 Km/h.
Comeza cunha severa tempestade chamada supercela. O vento únese á tormenta e comeza a arremuiñarse formando un funil. O aire no interior deste xira con máis rapidez e xenera unha área de moi baixas presións que succiona máis aire e posiblemente obxectos (persoas, animais, coches e ata edificios enteiros poden ser lanzados ó aire pola forza dos tornados. A maioría das mortes e lesións son causadas por entullos voadores).
As severas tempestades que producen tornados fórmanse ao chocar dúas masas de aire, o seco e frío aire dos polos e o aire húmido tropical (Estas condicións danse sobre todo nunha área de Estados Unidos coñecida como `` O calexón dos tornados.´´)
Os tornados pódense formar durante calquera época do ano, pero o máis frecuente é que se formen no mes de maio. Os máis severos fórmanse máis cedo, en abril.