Os tintes
Os tintes son composicións químicas que permiten colorear o cabelo para resaltar a súa cor, cubrir canas, ou ben resaltar a súa cor natural.
A forma máis común de tinte capilar consiste nun proceso de dúas etapas: unha primeira etapa de decoloración e unha segunda etapa de coloración. Na etapa de decoloración, as cutículas (parte externa do cabelo) ábrense para permitir a decoloración e posterior absorción do tinte, as proteínas responsables da cor orixinal decolóranse e na etapa de coloración o novo pigmento deposítase no cabelo dándolle a cor desexada.
Os tintes poden ser naturais ou artificiais; permanentes ou temporais.
O emprego de tintes pode ocasionar diferentes problemas, sobre todo se o uso é moi frecuente: os tintes con altas concentracións de amoníaco e auga osixenada poderían favorecer a caída do pelo; poden ocasionar reaccións irritativas na pel que se manifestan con pel vermella e picor ou como unha alerxia máis severa, sobre todo no caso de tintes que levan parafenilendiamina, que pode provocar eccemas, ampolas ou incluso incha-las pálpebras ou os ollos. Os tintes que presentan unha maior cantidade de problemas son os permanentes.