Os peteiros das aves

17 Maio 2014
albatros

A dieta das aves inclúe unha gran variedade de tipos de alimentos: néctar, froitas, sementes, plantas, carne, preas…

O tipo de alimentación determina as características dos peteiros. As aves chamadas xeneralistas ou omnívoras comen de todo e empregan moitas maneiras de conseguir o alimento, por iso teñen un peteiro multiusos, xeralmente de forma cónica, forte e curto. Outras aves están especializadas nun tipo de alimento (carne, insectos, plantas, zumes…) ou nunha forma característica de conseguilo (rompendo, desgarrando, furanto, escavando, filtrando…).