Os papaventos

4 Maio 2011
papaventos

Un papaventos é un artefacto voador máis pesado có aire, e que voa grazas á forza do vento.

Inventáronse na China, sobre o ano1200 a.C como dispositivo de sinalización militar. Chegaron a Europa, onde eran utilizadas polos nenos, arredor do século XII.

Tradicionalmente o papaventos úsase como xogo infantil, pero tamén se utilizou con fins científicos, como por exemplo Benjamin Franklin, que empregou unha cometa para investigar os raios e así inventar o pararraios.

Os papaventos úsanse como xogo de entretemento, na pesca, para salvamento mariño, para elevar instrumentos e conseguir información meteorolóxica, facer fotografías aéreas, fins militares...

A invención das planeadoras, parapentes e paracaídas estivo afectada pola evolución dos papaventos.

Hai moitos concursos relacionados ás papaventos, sobre todo en China e Xapón. en Chile faise un xogo onde compiten intentando cortarse os fíos, impregnados con polvo de vidro. No Cabañal (Valencia) fan fan competicións acrobáticas de papaventos estáticas, vó múltiple...

Algunha marcas históricas:

Altura: máis de9.740 metros, en 1979

Duración de vó: 180 horas e 17 minutos

Lonxitude:1.034 metros, en 1990

Superficie: o MegaFlag de Peter Lynn (1.000 )

Maior cantidade de persoas remontando unha mesma cometa: 234 persoas, en Brasil no ano 1921