Os mamuts, animais do tempo

6 Xuño 2012
mamut Granada

Nunha turbeira de Granada atopáronse tres mamuts lanudos en 1983. Son os máis meridionais rexistrados en Europa ata o de agora. Grazas a estes tres exemplares, o instituto Andaluz das Ciencias da Terra fixo unha investigación e chegou a conclusión de que a Península Ibérica, naquela época, tiña unha temperatura media anual de entre 9 e 11º C (hai 30.000 ou 40.000 anos).

Sería moi semellante á temperatura do sur de Dinamarca na actualidade. A razón disto é que, nesa época, houbo uns episodios moi fríos e secos que afectaron a toda Europa.

Chegouse a esta conclusión grazas ao estudo dos dentes dos mamuts, que medraban durante toda a súa vida e xeraban laminas de esmalte segundo pasaban os anos, desta maneira podemos identificar diferentes composicións isotópicas rastreando os distintos puntos dos molares, o que nos permite facernos unha idea das variacións ambientais que se produciron ao longo da vida deses animais.