Os lémures

27 Marzo 2013
lémur

O seu nome ven da palabra lémur (fantasma ou espiritu), da mitoloxía romana, polas estrepitosas vocalizacións que emiten, os seus ollos brillantes e os hábitos nocturnos.

Son un tipo de primates prosimios endémicos da illa de Madagascar onde viven desde hai uns 65 millóns de anos. Coa chegada do ser humano (hai uns 2.000 anos) á illa algunhas especies extinguíronse. Na actualidade existen unhas cen especies de lémures, a maior parte descubertas a partir de 1990. Poden ter un peso desde 30 g a 9 kg. Algunhas especies extintas tiñan o tamaño dun gorila macho.

Moitas especies de lémures están en perigo de extinción pola caza e a desaparición dos bosques.