Os huskys de Siberia
É unha raza de can do oeste de Siberia (Rusia) no límite con Finlandia.
Ten un parecido co lobo pero máis pequeno, duns 55 centímetros de altura e pode pesar de16 a 29 Kg.
O seu cráneo é de tamaño medio, proporcional ao corpo, lixeiramente redondeado na parte máis alta e vaise estreitando de forma gradual. O seu fociño é de tamaño medio coa punta redondeada. Os beizos son ben pigmentados, coinciden perfectamente. Os dentes encaixan coma se fosen unha tesoira. As orellas teñen forma de triángulo, son de tamaño mediano e erguidas. Os seus ollos poden ser de moitas cores: café, marróns, verdes, azuis e, en ocasións, poden ter un ollo de cada cor. O rabo ten forma de cepillo enroscado,
O huski é un can usado, ademáis de can de compaña, para pastorear, tirar de trenós e manter quentes ás persoas. Cos nenos son realmente afectivos.
A raza de huskis procede dunha tribu do leste de Siberia chamada chukchi. Cunhas análisis determinaron que o Huski é unha das razas de cans máis antigas do mundo.
-Curiosidades:
Foron levados a Alaska desde 1908 nos tempos da febre do ouro e empregados para tirar de trenós, especialmente nunha carreira chamada All-Alaska Sweepstakes, de 657 Kmde percorrido. De menor tamaño, máis rápidos e resistentes chegaron a ser os mellores nesta categoría.