Os grandes bulos sobre a saúde

11 Marzo 2013
lendo

Conscientes destes conceptos erróneos, que supoñen unha seria ameaza a nivel público, dous pediatras e investigadores da Universidade de Indiana, Aaron Carroll e Rachel C. Vreeman, fixeron pública unha serie de artigos na revista British Medical Journal durante esta última década, destinados a desmentir algunhas das moitas lendas urbanas que, en moitos dos casos, ata os propios médicos cren, como por exemplo que usamos soamente o 10% do noso cerebro , que ler con pouca luz provoca efectos irreversibles na vista ou que a vitamina C prevén o resfriado.

Por outra banda, Brian Udermann, outro investigador deste ámbito, neste caso americano, asegura que é moi difícil cambiar as crenzas que levan anos arraigadas no noso cerebro, a pesar das evidencias e contradicións das mesmas.

Algunhas das falacias máis estendidas e que causan maior impacto e preocupación á sociedade son, entre outras, o feito de arrancar unha cana e que posteriormente aparezan sete ou que cortar o cabelo fai que este medre con máis forza. Onde posiblemente haxa máis rumores e lendas urbanas é en cuestións de alcohol. Un investigador dun hospital de Dinamarca derribou un dos grandes mitos tal como que a resaca desaparece bebendo zumo de tomate ou almorzando cervexa, e moito menos correndo, para “suar as copas de máis”, xa que a maior parte do alcohol que inxerimos metabolízase a través do fígado. Do mesmo xeito, cabe desmentir crenzas como que cada vez que bebemos alcohol morren un conxunto numeroso de neuronas ou que as copas lle afectan máis ás mulleres que aos homes. No ámbito nocturno, pero esta vez falando dos problemas que a moita xente lle presenta a nocturnidade, o feito de contar ovellas non fai que conciliemos o sono.

Finalmente, é preciso destacar que saír á rúa co cabelo mollado non aumenta as posibilidades de coller un constipado, nen sequera esquecer a chaqueta na casa en inverno fai que sexamos máis vulnerables a coller un catarro.