Os estorniños

Visitantes barulleiros e, por veces, molestos
15 Decembro 2012
estorniño

Os estorniños son eses paxaros que vemos polo outono-inverno voando en grandes bandadas, subidos nos cables da luz ou nas árbores,  montando barullo e creando no ceo unha morea de formas alucinantes.

Os estorniños pintos (Sturnus vulgaris ) son case negros con pintas craras, e miden de 19 a 22 cm de lonxitude. Aliméntanse sobre todo de insectos e as súas larvas, miñocas, froitos, sementes… cunha gran predileción polas cereixas e as uvas. Teñen un canto moi semellante a un asubío e gostan de están en lugares habitados polas persoas como parques, campos, xardíns…  Acostuman facer os niños en sitios altos, en buratos das paredes, penedos, árbores A femia pon de 4 a 7 ovos de cor azul que choca xunto co macho, ata que eclosionan. Despois de vinte días as crías abandoan o niño.

É unha ave moi gregaria. Vive en case toda Europa. En Galicia vese entre xullo e marzo, pero é máis abundante entre novembro e febreiro. Hai exemplares sedentarios, pero a maioría veñen do norte a pasar aquí o inverno.

Nalgúns lugares a cantidade de estorniños é tan grande que hai que tomar medidas para espantalos.

estorniños
http://www.terra.tv/videos/Entretenimiento/7214-346773/Espectaculares-imagenes-de-una-bandada-de-estorninos.htm