Os dinosaurios medraban ata de vellos
Recentemente, na reunión da Sociedade de Paleontoloxía de Vertebrados nos Ánxeles, o paleontólogo, Jack Horner, expuxo as súas investigacións sobre os ósos fosilizados dalgúns dinosauros, da colección do Museo das Rocosas en Bozeman, na cal observou que o tamaño do corpo destes animais seguía crecendo, despois da chegada a idade adulta.
Horner realizou un estudio das capas óseas superficiais en fósiles, denominados “xoves” que soen revelar a existencia de canles nos cales estendíanse os vasos sanguíneos, ademais de células como os osteocitos . Porén, tamén se atopou estes fenómenos en exemplares adultos, nos cales este crecemento debería cesar alcanzada a madurez.
Estes indicios foron atopados en exemplares de Allosaurus e seis mostras de T. Rex.
Este paleontólogo afirmou que este proceso afectaba a ósos que determinan o tamaño que presentaba o dinosauro na vellez.
Algúns investigadores propuxeron que os esqueletos máis robustos pertencían ós machos e os menos ás femias.