Os danos na placenta poden ser causa de autismo

2 Xuño 2013
Placenta

Antes de chegar a este achádego, o mellor indicador das posibilidades dun neno de padecer esta enfermidade era levar acabo un estudo da historia familiar chegando a multiplicarse por nove o risco de autismo en parellas que xa teñen un fillo con esta enfermidade. 

Os investigadores afirmaron que esas anomalías na placenta estaban relacionadas coa presencia de pliegues irregulares e ,principalemente, dunha produción irregular dunhas células denominadas trofoblastos que provocan que estas estean presentes en lugares que no deberían aparecer. 

Para chegar a esta conclusión, levaron a cabo un análise de 117 placentas de bebés con irmáns autistas e 100 placentas de bebés sen antecedentes directos de autismo. Observouse que nas placentas de bebés con irmáns con autismo, encontráronse ata 15 inclusións de trofoblastos, é dicir, presentaban anomalías; mentres que nas placentas sen antecedentes diretos, soamente atoparon ata dúas inclusións, considerándose un risco potencial de padecer autismo a partir das catro inclusiones destas células. 

Desde os 6 u 8 meses xa se poden ir apreciando certos síntomas de autismo,como por exemplo,que non responda ao seu nome, que evite a mirada... Grazas a este estudo poderase apoiar cun diagnóstico máis firme polo que recomendan xa nese momento comezar un tratamento de sesións conductais. Esta terapia diríxese fundamentalmente a potenciar a fala, as capacidades comunicativas e a conducta en xeral do neno. Isto permitiría mellorar a futura calidade de vida dun gran número de nenos, xa que se estima que un de cada cen nenos padece autismo nos seus diferentes grados.