Os corais
Os corais son uns animais invertebrados do filo dos cnidarios (antozoos) que se caracterizan por ter unhas células urticantes especiais (cnidocitos) e vivir case sempre en coloniais formando un esqueleto duro calcário.
Teñen a capacidade de fixar sobre os seus tecidos o calcio disolto no mar. Cando os pólipos morren mantense a estrutura calcária que vai medrando e forma grandes masas (arrecifes) que poden chegar a durar millóns de anos e ocupar miles de quilómetros de lonxitude.
Os arrecifes coralinos son lugares dunha gran importancia biológica e moi sensibles ás agresións medioambientais, polo que a maioría están protexidos.
O arrecife máis grande é a Gran Barreira que se atopa en Queensland (Australia), con 2.000 km2 de superficie.
O coral empregouse como adorno desde tempos prehistóricos nas culturas americanas e asiáticas. Está moi ligado ás relixións tibetana e romana. Os chinos e hindús usábano para adornar as imaxes dos deuses.
O máis apreciado en xoiería é o coral vermello.
A súa captura está moi controlada por estar en perigo de extinción.