Os combustibles fósiles

5 Xuño 2012
com fósiles

O carbón, o petróleo e o gas natural coñécense como combustibles fósiles porque se orixinaron pola descomposición de seres vivos que quedaron sepultados hai millóns de anos. Son, polo tanto, materiais que teñen almacenada enerxía procedente do Sol.

O osíxeno e o nitróxeno foron desaparecendo das moléculas que formaban eses seres e quedaron reducidas a mesturas de hidrocarburos.

Os combustíbeis fósiles e os seus produtos derivados conteñen unha alta proporción de carbono polo que teñen un gran poder calorífico. Foron utilizados desde que se coñecen como fontes de enerxía calorífica directa ou para transformala en enerxía mecánica ou eléctrica.

A xeralización do uso do carbón como combustible, xunto coa aplicación da máquina de vapor, deu lugar á primeira Revolución Industrial no século XIX. O petróleo, e a súa aplicación a motores de combustión interna marcou a decadencia do vapor e promoveu a Revolución Industrial  do século XX. Neste milenio, os combustíbles fósiles están a piques de esgotárense polo que é urxente plantexarse o emprego doutro tipo de enerxías. Ademais son fontes de enerxía moi contaminantes que producen graves danos ao planeta a nivel xeral (aumento do Efecto Invernadoiro co conseguinte cambio climático), e aos seres vivos.