Os asteroides

6 Abril 2012
asteroide

Os asteroides ou Planetas menores son unha serie de obxectos rochosos ou metálicos que orbitan arredor do Sol.

A maioría sitúanse no Cinturón Principal entre Marte e Xúpiter. Algúns asteroides, sen embargo, teñen órbitas que van máis aló de Saturno e outros achéganse máis ao Sol.

Hai dous tipos de asteroides: Troianos, pertencentes ao grupo de asteroides que se moven sobre a órbita dun planeta, e Centauros que se atopan na parte exterior do Sistema Solar orbitando entre os grandes planetas.

Ademais existen tres grupos de asteroides próximos á Terra, como son os asteroides Amor, os asteroides Apolo e os asteroides Antón. No chamado Cinturón Principal, entre Marte e Xupiter, esta a maior acumulación de asteroides do sistema solar. Máis da metade da súa masa total está contida nestes catro grandes asteroides: Ceres, Palas, Vesta e Higia.

No vindeiro ano unha enorme “rocha” de 50 metros de diámetro pasará máis preto do normal do noso planeta. O asteroide, bautizado como 2012 DA14 foi descuberto por un equipo de astrónomos da Axencia Espacial Europea e pasará a tan só 24.000 km da Terra.