Os animais son boa xente

3 Decembro 2010
animais-peli

Dentro das actividade da Semana da Ciencia o alumnado de 1º e 2º da ESO asistimos á proxección da película “Os animais son boa xente” dirixida por Jamie Uys en 1974 e rodada nos desertos do Namib e Kalahari e no delta do Okawango.

É unha película en clave humorística que nos amosa a dura vida dos animais e as persoas para adaptarse ás condicións dos seus hábitats. Podemos ver a vida no deserto, na selva e na sabana, a forma en que os animais resisten a calor ou a seca, como se camuflan para enganar aos depredadores ou para cazar, como se divirten e incluso como se emborrachan cos froitos fermentados da árbore marula. Tamén como as persoas que viven no deserto buscan estratexias para atopar auga ou cazar. “Aparte de ensinarnos moito tamén rimos e foi entretida”

“É un bo exemplo de biodiversidade e nela aparecen numerosos animais e plantas”

“Foi moi entretida e divertida,  pero deunos moita pena cando morreron as crías dos pelícanos por falta de auga”.

(Iria Martínez, Raquel Oliveira)