Os Alpes

22 Maio 2013
Alpes

Os Alpes son un conxunto de montañas de máis de 4.810 metros de altitude situadas en Europa Central.

Exténdense, ao longo duns 1.000 km de lonxitude e 400 de ancho, desde Francia, ao oeste, ata Austria e Esloveinia, polo leste, Alemaña, ao norte e Italia, ao Sur e atravesan gran parte de Suíza e Liechtenstein.

Formáronse polo choque da placa tectónica africana contra a europea que empurraron e levantaron as capas do fondo do mar de Tetis. O seu cume máis alto é o Mont Blanc con 4.808 m de altitude.

Nos Alpes fórmanse numerosos ríos que dan lugar a fértiles terras que foron habitadas desde a prehistoria.

Acollen gran variedade de fauna (mamíferos, aves, reptís, anfibios...) e diversidade de parques nacionais, como o Parque Nacional Écrins ou o Parque Nacional do Triglav.