A orixe da vida

10 Febreiro 2011
Chemenea hidrotermal

O ser humano é o único animal terrestre que se plantexa preguntas para  as que trata de atopar respostas. Estou segura de que cada un de nós se preguntou algunha vez: como xurdíu a vida? cal foi o primeiro ser vivo na Terra? como puido evolucionar un microorganismo ata dar lugar ao ser humano?

Pode ser que o descubrimento dunha cheminea submariña nunha rocha sulfurosa de hai 3200 millóns de anos responda ás nosas preguntas.

No fondo das profundidades do mar, arredor destas chemineas mariñas situadas ao longo das marxes das placas tectónicas, viven comunidades de organismos microscópicos (sulfatobacterias). Estes lugares existiron probablemente dende que se formaron os océanos, hai máis de 4000 millóns de anos.

Estas bacterias aliméntanse de materia inorgánica que provén destas chemineas mediante unha fonte de enerxía denominada quimiosíntese, no que se transforma CO2  por oxidación en materia orgánica. Despois da aparición destas bacterias, o máis probable e que aparecesen outros organismos que se alimentaran delas e así sucesivamente, creando unha cadea pechada.

Este descubrimento confirma a teoría de que a vida, na Terra,  xurdíu na auga a altas temperaturas, en lugares no que os seres vivos primitivos deron os seus primeiros pasos.

Agora queda por aclarar como a primeira célula que vivíu na Terra organizouse e evolucionou ata dar lugar ao ser humano.