A orientación no ceo nocturno

3 Febreiro 2012
estrela polar2

É fácil orientarse no hemisferio norte terrestre grazas a que existe unha estrela que sempre indica a mesma posición. Esta é a Estrela Polar, que sempre sinala ao norte.

Existen diferentes maneiras de localizar esta estrela.

A forma máis coñecida e doada é a partir da constelación da Osa Maior; unha constelación moi visible e doada de localizar no ceo nocturno.

O procedemento consiste en prolongar a distancia entre dúas das estrelas desta constelación, Merak e Dubhe, 5 veces aproximadamente (observar o debuxo).

 

estrela polar

Outra forma de localizar a Estrela Polar é prolongar as bisectrices de Casiopea (constelación que ten forma de W ou M, segundo como se vexa, e que se atopa oposta no ceo á Osa Maior) ata o punto no que se cruzan, como se pode observar na segunda imaxe.

estrela polar1