Ordenadores máis rápidos

2 Marzo 2012
grafeno

O grafeno é un material constituído por átomos de carbono e enlaces covalentes que se forman a partir da superposición dos híbridos sp2 dos carbonos enlazados. Este material ten propiedades como a alta conductividade térmica e eléctrica, alta elasticidade e dureza, alta resistencia, soporta a radiación ionizante, é un material lixerio pero bastante flexible e depende do substracto no que está apoiado

Existen varias fórmulas para fabricar grafeno, entre elas por deposición química en fase vapor, una técnica na que se expón una superficie metálica a altas temperaturas a un gas con carbono. A superficie metálica favorece que se produzan reaccións químicas que dan lugar á descomposición do gas en carbono e hidróxeno. Os átomos de carbono resultantes ordéanse sobre a superficie metálica formando unha rede periódica coa forma que ten un panal das abellas e dun átomo de espesor. Esta é unha das fórmulas tradicionais pero ese método non funciona en tódalas superficies, como no caso do ouro.

Científicos da Universidade Autónoma de Madrid conseguiron facer medrar grafeno para facilitar a súa incorporación en futuros dispositivos tecnolóxicos, permitindo, entre outros, ordenadores moito máis rápidos.

O grafeno medrou porque, como se cita antes, depende, entre outras cousas, do substracto no que está apoiado e o ouro preserva as extraordinarias propiedades eléctricas que tería unha capa ideal de grafeno.  Estas propiedades eléctricas son as que permitirán, no futuro, facer ordenadores moito máis rápidos.

Para obter grafeno sobre cristais de outro utilízase un método diferente ó tradicional. Nesta ocasión, ao ser o ouro un material inerte, o gas non logra pegarse á súa superficie e, polo tanto tampouco pode descompoñerse sobre ela. Para solucionar este problema, os científicos usaron un canón para ionizar o gas e lanzalo contra a superficie dos cristais de ouro conseguindo que estes quedaran pegados á superficie do ouro.