Operación escoliose. Unha experiencia persoal

3 Febreiro 2012
escoliose

A posición correcta e natural da columna vertebral é recta, pero non sempre é así debido a algunhas enfermidades como a Lordose, a Cifose ou a Escoliose; todas son tratables e operables.

Na escoliose a columna atópase en forma se “S” ou “C” en vez de en liña recta. Na maioría dos casos a escoliose non precisa de tratamento médico, xa que non causa molestias ou a curva é de moi poucos graos (de10 a15 graos o médico so se encargará de observar que a curva non aumente).

Cando eu tiña 9 anos, diagnosticáronme escoliose, pero era de moi poucos graos e vendo a radiografía démonos conta de que xa a tiña ao nacer, pero non se lle deu importancia. Se a curva é máis grande (de20 a40 graos) deberá empregarse un “corsé” ortopédico que nos mantén rectos e así corrixir a curvatura. Este “corsé” axuda a que a curva non aumente e nalgúns casos para corrixila debe usarse durante 2 ou 3 anos. Cando voltei ao médico a curva aumentara considerablemente e tiven que empregar un “corsé” ortopédico que me mantiña recta; era de plástico con apoios que axudaban a que a espalda  estivese nunha postura natural.  Nunha curvatura de máis de 45 graos e conveniente que se interveña quirurxicamente. Nos últimos 4 anos, o “corsé” non fixo efecto, e a curva aumentou ata máis de 60 graos, xa que a escoliose que tiña era hereditaria e a única forma de remediala era operando.

A operación de escoliose e unha operación pola que moita xente non está disposta a pasar, xa que non hai moitos anos duraba 12 horas, na que podía correr o risco de quedar parapléxico. Pero hoxe en día grazas aos avances médicos isto non é así.

A miña operación durou 4 horas e media, comezou as 16:30 e rematou as 21:00, durante a intervención empregáronse variñas de aceiro, ganchos, parafusos... para enderezar a columna. Primeiro fíxose a incisión e fóronse separando os músculos ata conseguir chegar á columna. Logo insertáronse 2 parafusos e 2 ganchos por vértebra. Cando todas as vértebras que forman a curvatura tiveron os seus parafusos procedeuse a colocar as varillas de aceiro e a columna quedou case recta, xa que a curva era moi grande. Os riscos deste procedemento, son que se un parafuso non se inserta da forma correcta pode danar a medula ou producir efectos secundarios como formigueo ou dor nas pernas. Pero isto, hoxe en día e case imposible, xa que o equipo de ciruxía conta cunha neuróloga que manda impulsos eléctricos dende o cerebro ata os pes para comprobar que se moven, se nalgún momento se deixan de mover a neuróloga da o aviso e déixase de insertar o parafuso. No meu caso a operación saíu totalmente ben e tiven unha recuperación rápida. Estiven en coidados intensivos 12 horas, e 5 días en planta, logo voltei a casa onde a penas me movía da cama; cando xa podía comezar a andar con normalidade volvín a empregar outro “corsé” que me impide realizar movementos prexudiciais e que levarei de4 a6 meses, dependendo da recuperación, e logo poderei facer vida normal.