A onde vai o mar cando baixa a marea?

6 Xuño 2012
marea

As mareas son o cambio periódico do nivel do mar producido pola atracción da Lgravidade da Lúa e, en menor medida, so Sol.

Cando a Lúa e o Sol se alinean súmanse as súas forza e prodúcense as mareas vivas e cando se opoñen réstanse, producindo mareas mortas. As diferenzas de nivel de mareas máis grandes (19 metros) danse no Atlántico, en Canadá.

Despois de traballar este tema na clase de Ciencias decidimos facer unha pequena enquisa. Estas son as respostas de 23 persoas de diferentes idades (de15 a83 anos) e profesións (estudiantes, profersores, amas de casa...):

-Vai ao centro do oceano atraido pola Lúa: 2

-Vaise para outro lado: 8

-Evapórase: 4

-Vaise por un oco que hai no océano: 1

-Vaise para América: 12