Ollo de sapo, unha rocha con nome galego

5 Septembro 2011
ollo de sapo

O ollo de sapo é o nome con que se coñece en todo mundo un tipo de rocha que se atopa en Galicia. Chámase así polos núcleos de feldespato con forma de ollo.

O nome deullo Hernández Sampelayo en 1922.

É unha rocha metamórfica do grupo dos gneis de cor gris e estrutura laminar con frecuentes micropregamentos. Pode ser de gran groso ou de gran fino. Está formada por diversos minerais entre os que destacan os grandes “ollos” de feldespato branco e outros máis pequenos de cuarzo azul.

Formouse pola transformación de rochas ígneas e sedimentarias do Precámbrico que se situaron nunha zona de subdución na área de colisión entre as placas da Galicia Oriental e a Occidental, no que era a beira noroeste da Península Ibérica naqueles tempos.

En Galicia ocupa unha estreita banda que vai desde A Illa Coelleira e Estaca de Bares, ao norte, e Trevinca, ao sur, e logo reaparece en Guadalaxara.

Nalgúns lugares emprégase para construción de valados e vivendas.