Océanos máis ácidos

3 Maio 2012
océanos

Unha gran parte do dióxido de carbono que emitimos os seres humanos disólvese na auga dos mares e dos océanos.

Máis do 30% das nosas emisións de CO2 pasa a formar parte dos océanos, segundo un estudio realizado. Conforme os niveis de dióxido de carbono van aumentando na atmosfera, o océano absórbeo e convérteo en ácido carbónico. Esta acidificación é prexudicial para parte da vida mariña e interfire no desenvolvemento de especies que constrúen cunchas ou esqueletos de carbonato cálcico, como os corais ou os moluscos. Ademais, pode afectar ao fitoplancto do que se alimentan moitas especies. 

Pero a gravidade deste asunto reside en que, a pesar de que nos 300 millóns de anos da historia da Terra a química dos océanos sufriu enormes cambios, ningún parece ser tan rápido, de tanta importancia e tan global como o actual.

Para a investigación destes temas fanse experimentos en acuarios que simulan escenarios futuros de acidificación e comproban a resposta dos organismos, pero neste estudio analizouse o rexistro xeolóxico, a través de análises paleontolóxicas e xeoquímicas e buscáronse eventos pasados de acidificación mariña para detectar posibles consecuencias no conxunto de especies mariñas.

O estudio detectou momentos pasados na Terra cunha enorme acidificación, nos que tiveron lugar numerosas extincións, sobre todo de fauna que habita no fondo.