Obtense plástico a partir de augas residuais

1 Xuño 2013
augas residuais

Un estudo permitiu lograr a produción de materias primas a partir de augas residuais municipais que poden ser empregadas para a elaboración de plásticos e papel.

Este novedoso avance xa está sendo estudado e evolucionou de tal maneira que numerosas industrias xa empregan este método de produción de materias primas.

Consiste na reciclaxe dos sólidos das augas residuais brutas que son transformados mediante procesos continuados, o Sewage Recycling System, e por outros procesos químicos ata obter produtos de consumo de alta calidade como papel e plásticos. Os sólidos obtidos ao final deste proceso son moi respetuosos co medio ambiente debido a escasa contaminación da súa elaboración.

Este novo método non só permitiría una avance ou unha compensación económica en canto á venta dos produtos elaborados senón que é unha enorme contribución medioambiental. Por unha banda, reduce a contaminación das augas residuais que son recicladas nas plantas de purificación das fábricas, evitando que estas augas contaminadas sexan verquidas no mar ou nos ríos preservando numerosos hábitats. Por outra banda, reduce as emisión de gases de efecto invernadoiro xa que este método é unha alternaiva a outros métodos de obtención de plásticos moi contaminantes.  Ademáis, en canto a obtención de papel, permite a preservación de bosques e extensións vexetais ao reducir considerablemente a tala de árbores.