A obtención de gasóleo producido por bacterias

1 Xuño 2013
gasóleo bacterias

Un estudo realizado pola Universidade de Exeter no Reino Unido confirmou a posibilidade de elaborar gasóleo (diesel, gasoil ou ACPM) mediante un método que provoca a produción deste combustible por parte dunhas bacterias, as E.coli , uns dos organismos procariotas máis estudados en diferentes campos da ciencia.

Este biodiésel ten unhas características e propiedades similares ás do gasóleo normal polo que a súa aplicación comercial sería moi rentable ao non precisar a súa mestura con derivados do petróleo como ocorre con outros biogasóleos obtidos mediante aceite vexetal.

Ademáis, o seu uso non suporía unha modificación nas estruturas tecnolóxicas de motores, oleodutos ou vehículos xa que é perfectamente adaptable a esas condición debido a súa similitude co biodiésel normal. Isto reduciría notablemente o seu custo. Tamén é considerado como unha moi boa alternativa debido ao esgotamento das reservas de petróleo do planeta.

Este novo biodiésel aínda está sendo estudiado e só se produce en pequenas cantidades nos centros e laboratorios adscritos á Universidade de Exeter. A labor dos científicos é estudar se este novo biodiesel obtido grazas á produción das E.coli e viable en cantidades industriais e se é posible de maneira segura introducilo no mercado podendo convertirse nun futuro nun dos métodos de obtención de biodiésel máis empregados.