Obtención dun valioso polímero a partir dos resíduos dun cangrexo

4 Xaneiro 2012
cangrexo río

Este cangrexo é o chamado “cangrexo vermello americano” (Procambarus clakii) que se introduciu nos anos 70 nas Marismas do Guadalquivir.

Introducir unha especie nun ecosistema pode ocasionar graves danos  aínda que tamén pode traer consigo cousas positivas.

Neste caso en particular trouxo máis aspectos negativos que positivos, xa que a introducción deste novo cangrexo pon en perigo o cangrexo autóctono, posto que estes son portadores do fungo causante da afanomicose, unha enfermidade que resulta unha ameaza principal para estes cangrexos, pero tampouco podemos descartar os seus aspectos positivos xa que na actualidade aproximadamente unas 20 especies basean un 60% da súa alimentación neste cangrexo. Este cangrexo de río americano é o elexido pola maioria dos deperdadores por tratarse do invertebrado máis grande da zona, cun peso superior aos20 gramos. 

Un equipo de investigación das Facultades de química e farmacia da Universidade de Sevilla traballa nun Proxecto Motriz de Excelencia da Xunta de Andalucía cuxo obxectivo é obter substancias de alto valor engadido a partir de residuos industriais agroalimentarios, en concreto, do caparazón deste cangrexo das marismas do Guadalquivir.

A partir da quitina que se atopa no caparazón deste crustáceo, os investigadores xeran quitosano, un polímero biocompatible e biodegradable que posúe unha gran cantidade de aplicacións comerciais e biomédicas cun prezo que supera os 900€ por quilo.

Esta investigación xorde sobre todo para solucionar os problemas económicos e medioambientais que xera esta especie invasora. Por unha banda para o sector arroceiro da marisma e por outro pola gran cantidade de residuos xerados polas empresas que tratan de lograr un aproveitamento coa comercialización da súa carne.

Pretende, ademáis de radicar os problemas medioambientais destes residuos, favorecer o aumento de empleo neste sector. Calcúlase que de200 gramosdeste caparazón seco, obtéñense50 gramosde quitosano cun custo de produción baixo. Trátase de producir derivados de quitosano en función da aplicación desexada .