Obradoiro de Química
Na Semana da Ciencia fixemos varios obradoiros de química para observar diferentes reaccións. Recollemos aquí os textos de dúas alumnas e un alumno de 2º de ESO.
VOCÁN DE AUGA (Xéiser)
O experimento que máis me gustou da semana da Ciencia foi o da “explosión”.
Cóllese un matraz e bótase auga osixenada. Logo cunha culler engádeselle unha substancia negra (permanganato de potasio). De repente sae un fume cara arriba a toda presión. Se tocamos o recipiente quéimanos porque está a máis de 70ºC. Dentro do matraz queda unha substancia de cor violeta.
DESCOMPOSICIÓN DA AUGA OSIXENADA
O experimento trata de poñer en dúas probetas dous tipos de auga osixenada, unha máis concentrada que a outra.
Ao mesturala con ioduro potásico, unha sube a gran velocidade e presión formando moita espuma.
Pola contra, na outra probeta, o osíxeno ascendía lentamente.
Nos dous casos, mentres non se gastaba o ioduro potásico a espuma saída de cor marrón ou amarela. Ao gastarse o ioduro potásico saía branca.
IINCHANDO UN GLOBO SEN SOPRAR
Nun matraz Erlenmeier botamos un pouco de vinagre e nun globo introducimos un pouco bicarbonato sódico. Poñemos o globo na boca do matraz e a reacción é inmediata e o globo ínchase co dióxido de carbono.