O xel do golfiño
Winter, unha femia de golfiño, con tan só tres meses quedou atrapada nunha nasa para cangrexos mentres nadaba coa súa nai. Un pescador veuna e chamou a un equipo de rescate que a levou ata Florida, ó acuario mariño de Clearwater.
Chegou en moi mal estado, débil e malferida. Non tiña moitas posibilidades de sobrevivir pero logrouno. Grazas á atención constante dos coidadores a pequena delfín comezou a estabilizarse pero xurdiron outros problemas. Unha corda da nasa enredouse moi fortemente arredor da súa cola, cortando a circulación sanguínea, polo que comezou a descompoñerse. Un día, os coidadores descubriron dúas vértebras no fondo do estanque: ía a perder a extremidade.
Os delfíns válense das aletas peitorais para equilibrarse pero Winter úsaos como membros. Ó faltarlle a aleta caudal non pode usar o sistema normal de propulsión, así que aprendeu a nadar coma os peixes. A presión que fai ó nadar desta forma provoca unha curvatura estraña na súa columna vertebral. Comezaron a temer que isto lle causaría lesións permanentes. Aínda así tivera sorte, Kevin Carroll, un protésico famoso escoitou unha entrevista na radio na que se falaba do problema de Winter e pensou que podería fabricarlle unha cola ó animal. Carrol pensou para o traballo na colaboración dun socio: Dan Strzempka, outro protésico apaixonado polo mundo mariño.
Un dos problemas cos que se enfrontaron os especialistas foi coñecer o máis conveniente para o corpo do cetáceo. Decidiron acoplarlle unha aleta caudal de plástico mediante un manguito pero era difícil manter a prótese no seu lugar, xa que a pel dos delfíns é sensible e escorregadiza. Pensaron que precisaría dun acolchado como o empregado en humanos para protexer o muñón pero os típicos non servían. Tiveron que crear un material novo o suficientemente adherente para manterse suxeito sobre a pel da delfín e capaz de soportar o uso diario en auga salgada. Coa axuda dun enxeñeiro químico modificaron a composición dun xel amortecedor para próteses humanas. O resultado foi un “elastómero termoplástico” que ademais da súa gran elasticidade proporciona un excelente acolchado. Chamárono “xel do golfiño”.
A prótese conta cun zócalo flexible de plástico engomado que se desliza sobre o revestimento de xel e agarra o apéndice do animal. O zócalo remata nunha fina febra de carbono á que se lle atornillaron un par de falsas aletas caudais. O animal só emprega a cola postiza nas sesións de terapia diarias, nas que os preparadores fan que realice unha serie de exercicios ideados para crear músculo e reforzar a postura natatoria. Por moito que progrese pasará o resto da súa vida nun acuario xa que tería escasas posibilidades de sobrevivir no seu hábitat natural.
A cola de Winter volveuse célebre, publicáronse diferentes materiais didácticos sobre ela. Pero Winter é moito máis ca unha poderosa empresa comercial. Ó correr a voz sobre o xel do delfín comezou a solicitarse para doentes humanos, xa que se adhire mellor a pel ca os revestimentos habituais.