O XaTcobeo sitúase na súa órbita

2 Marzo 2012
XaTcobeo3

Xa hai algún tempo falamos na revista, do noso primeiro picosatélite galego Xatcobeo, creado pola universidade de Vigo, cuxo obxectivo é colocar en órbita unha radio-software e un medidor de radiación.

O lanzador europeo Vega despegou o 13/02/2012 do Porto Espacial Europeo en Kourou, na Güiana Francesa, sobre as once da mañá (hora española) tal e como estaba previsto, co noso primeiro picosatélite galego XaTcobeo.

A axencia informou que o lanzamento se producíu "segundo o previsto" sen ningún tipo de complicación. Así, aos 30 segundos do lanzamento, Vega rompeu a barreira do son (a unha altitude de 4,7 quilómetros).

Completadas así as primeiras fases, de maior perigo debido a grande enerxía empregada, o picosatélite enfiaba cara o seu destino, atravesar o anel de Van Allen e situarse entre 300 e1450 kilómetrosde altitude sobre a Terra durante un mínimo de tres meses, aínda que a vida deste poderase prolongar ata case un ano e medio.