O XaTcobeo, un pequeno saélite galego
O XaTcobeo é o primeiro picosatélite creado nunha universidade galega que se vai a lanzar en febreiro do 2012 para poñerse en órbita terrestre.
Foi creado na Universidade de Vigo, ten unha masa de menos de 1 kg, unhas dimensiónde 10x10x10 cm3 e as súas principais tarefas serán medir as radiacións a nivel mundial, probar un software sofisticado e poñer a funcionar unha serie de paneis solares para captar enerxía.
O satélite analizará o índice de radiación dos aneis de Van Allen, que rodean a Terra entre os 1.500 e os 16.000 km de altura, onde se atopan partículas de alta enerxía atrapadas polo campo magnético do planeta.
O software que vai a poñer en práctica permitirá adaptar o sistema de comunicacións entre o XaTcobeo e a estación da facultade de Telecomunicacións de Vigo, onde se realizará o seu seguimento.
Este picosatélite foi deseñado, configurado e preparado por cinco grupos de investigación e alumnos do INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial). O seu presuposto (1,2 millóns de euros) procede da Xunta de Galicia, o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía e a Universidade de Vigo.
A Universidade de Vigo foi a elixida entre 18 candidatos de toda Europa para levar a cabo este proxecto e conta coa participación da NASA, entre outras importantes institucións, e máis de 200 universidades de todo o mundo.
O XaTcobeo foi elaborado baixo os estándares da Axencia Estatal Europea durante 3 anos de traballo e será lanzado dende a Guaiana Francesa arredor do 9 de febreiro xunto con outros microsatélites.
Este proxecto fai que os laboratorios da Universidade de Vigo, nos que se fabricou o picosatélite, sexan aínda máis referentes do que o son dentro e fóra do país.