O violonchelo
4 Xullo 2011
Verórica e Ana son dúas alumnas de 2º de ESO A que tocab o violonchelo coa banda de Xastrelo. Coa colaboración de Icía fixeron un pideo para explicarnos o seu funcionamento
O violonchelo tócase de dúas maneiras, a pizzicato e con arco.
O pizzicato é o son que se produce ao beliscar as cordas, o que fai que vibren e produzan un son.
Para tocar con arco é necesario botarlle ás cerdas, que son uns peliños que se rozan contra as cordas, unha resina. Esa resina fai que as cerdas se adhiran ás cordas e ao rozar contra elas vibran. A vibración das cordas é o que produce o son, que pode ser máis agudo ou máis grave dependendo do grosor. Canto máis grosa é a corda máis grave é o son.