O tucano
22 Marzo 2014
Os tucanos son unha familia de aves (ranfástidos) que se caracterizan por ter un peteiro moi desenvolvido e cores moi vivas.
Coñécense 42 especies de tamaños variados. O máis grande é o tucano toco (Ramphastos toco).
Viven nas selvas, desde México ata o norte de Arxentina e poden atoparse ata os 3000 m de altitude.
Aliméntanse de froitos, ovos, insectos e outros pequenos animais.
Viven nas árbores e fan os niños en ocos dos toros, onde poñen de 2 a 4 ovos de cor branca que chocan durante 43 a 46 días. Viven en parellas ou en pequenos grupos.
Están en perigo de extinción pola destrución da súa hábitat.