O trevo

13 Decembro 2013
trevo

O trevo é unha planta moi común nos campos que se emprega como alimento para o gando, pero tamén ten utilidade medicinal.

É unha planta perenne con talos que miden entre 60 cm e 110 cm. É unha planta moi rica de “isoflavonas”, unha substancia moi beneficiosa para a prevención de diversos tipos de cancro nas mulleres, como o cancro de mama ou de ovarios.  Tamén ten importantes propiedades antiasmáticas é resulta un bo cicatrizante para as feridas da pel.

De xeito moi excepcional podemos atopar trebos de catro follas (un entre cada 10.000). Moitas culturas consideran este trebo como un símbolo de boa sorte.