O traballo da pedra

Visita a Gralicia
6 Abril 2011
Gralicia

A extracción e manufactura da pedra é unha das actividades industriais máis importantes de Galicia.

As empresas que traballan a pedra, como é o caso de Gralicia, situada no Polígono de Sete Pías en Ribadumia, cortan e danlle diferentes acabados aso bloques de pedra que se extraen en canteiras galegas ou de distintas partes do Mundo como A India, Brasil ou Sudáfrica. Logo venden os produtos aos instaladores ou construtores que lle dan distintos usos: cubertas de edificios, lousados, interiores...