O tomate

22 Novembro 2013
tomate

O tamate é un alimento moi consumido en todo o mundo, que se pode tomar de moitas formas: ao natural, en ensaladas, salsas, zumes, guisos...

É rico en minerais (potasio, magnesio), vitaminas B1, B2, B5, e C e licopeno.

É unha planta de cultivo orixinaria de México. Na actualidade o máximo produtor de tomate do mundo é Asia. O 75% do tomate galego prodúcese na provincia de Pontevedra.