O tifón Haiyan leva a desolación a Filipinas
Filipinas atópase en estado de emerxencia por culpa do tifón Haiyan. As autoridades filipinas traballan para facer chegar axuda humanitaria aos afectados por este tifón, que devastou a súa rexión central e deixou unha gran cantidade de falecidos.
O pasado luns, 11 de novembro, declarouse o estado de devastamento en todo o país a raíz da devastación causada polo peor desastre natural da súa historia. O tifón afectou a dez millóns de persoas, segundo as ONG, e moitas loitan agora por sobrevivir sen auga, comida, nin refuxio, as necesidades máis importantes da poboación. Calcúlase que hai arredor de 615.000 desprazados, dos cales 433.000 encóntranse aloxados en centros de evacuación. Fálase de decenas de miles de vítimas mortais pero aínda están a facer o reconto oficial de falecidos e vítimas. De momento non se atoparon españois no medio desta mortalidade.
Agora mesmo, os afectados que sobreviviron atópanse sen comida, auga ou refuxio, polo que varios países e organizacións internacionais comezaron a enviar persoal e axuda humanitaria, aínda que a destrución dificulte o proceso. Entre o 70% e o 80% dos edificios do centro do país quedaron destrozados ou cubertos de escombros, ao igual que as carreteiras, aeroportos e pontes. Debido a isto faise moi difícil chegar ás zonas máis afectadas.
Xa que non hai comida nos almacéns nin centros comerciais, un avión militar do exército estadounidense partiu luns cara a illa de Leyte. O cargamento transporta C-130, botellas de auga potable, mantas, paquetes de comida, xeradores de electricidade provisionais, un montacargas e dous vehículos. Tamén participa España enviando dous avións con material e víveres.
Médicos Sin Fronteras indicou tamén que iniciou un envío dunhas 200 toneladas de material médico para tratar feridas, vacinas do tétanos, tendas de campaña e produtos de hixiene, ademais dun equipo de trinta médicos, psicólogos e persoal loxístico.