O "Tesouro" de Asorey

O que vale unha vaca
6 Xuño 2011
O tesouro

No ano Asorey tamén queremos, desde A Buxaina, facer unha pequena contribución a esta celebración. Escollemos a peza do Tesouro porque expresa perfectamente a relación do ser humano coa natureza, á vez que a súa dependencia dela. E niguén mellor que Castelao para contalo

A VACA

A vaca é o símbolo da paz.

Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante. Xa o dixo un dos nosos economistas: "O albre xenealóxico dunha vaca de leite é máis útil que o albre xenealóxico dun aristócrata”.

A vaca esquenceuse dos cornos e danos o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. No-nos pode dar máis. 

O can será o amparo dos ricos, que defende a propiedade do amo e ladra ós probes que van polos camiños. En troques a vaca é o amparo dos probes libres.

Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os "concursos de belleza".

A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle da de comer a unha vaca non ten dereito a muxila.

As "señoritas" que choran pola morte dun can ridículo non comprenden a door dunha familia labrega cando se lle rnorre unha vaca.

Se non fose polo leite das vacas a piolleira das cidades morreríase desnutrida. A vaca é a ama de cría da Humanidade.

O día que seipamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida.

                                      CASTELAO (SEMPRE EN GALIZA)

vacas feira