O terremoto de Sumatra-Andamán

14 Decembro 2013
terremoto Sumatra

O 26 de decembro de 2004, hai nove anos, houbo un gran terremoto (9,1 de magnitude) co epicentro na costa Oeste de Sumatra que afectou a 15 países e ocasionou numerosas perdas de vidas e económicas.

O terremoto deu lugar a un devastador tsunami, con ondas de ata 30 m de altura. Está considerado o noveno desastre natural máis mortal da historia (que se recorde), con 240.00 a 300.000 mortos.

O tremor no epicentro durou case dez minutos, cando a maioría dos terremotos non duran máis duns poucos segundos, o que causou que o planeta enteiro vibrase cando menos uns poucos centímetros.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:2004_Indonesia_Tsunami.gif