O termómetro de Celsius

4 Xaneiro 2012
Celsius

Hai 270 anos, un 25 de decembro de 1741, Anders Celsius construía o primeiro  termómetro de mercurio cunha táboa centígrada. Nun comezo chamábanse termómetros suecos e a partir do século XIX comezaron a chamarse termómetros Celsius.

Celsius estableceu unha escala tomando como referencia a auga. O punto cero, cando a auga ferve e o valor de 100º C cando se funde (cando o xeo se converte en líquido). A escala chamouse centígrada por estar dividida en cen partes ou graos (ºC). Despois de morrer Celsius o botánico Linneo cambiou a escala poñendo o punto cero (0ºC) no punto de fusión da auga e o punto cen (100 ºC) no punto de ebulición.

Os primeiros termómetros centígrados comezaron a empregarse en química, en medicina, en meteoroloxía, nas fábricas de cervexa...

Anteriormente xa se coñecían os termómetros pero a súa gradación era moi variable.

Durante o século XVI era graduado como "frío" colocándoo nunha cova e "quente" expoñéndoo aos raios do sol no verán ou sobre a pel quente dunha persoa. Máis tarde, o alemán Farenheit en 1714 e o francés Réaumur (en 1731) graduárono baseándose na temperatura do xeo no seu punto de fusión e na do vapor da auga ao ferver. A escala francesa ía de0 a 80 graos, e alemá ía de32 a 212 graos. En1741, Celsius propuxo substituír a escala de Farenheit por outra dun manexo máis sinxelo, e creou a escala centesimal que ía de0 a 100 graos.

Anders Celsius foi un físico e astrónomo sueco que naceu o 27 de novembro de 1701 e morreu o 25 de abril de 1744.

Foi profesor de Astronomía na Universidade de Upsala, dirixiu o Observatorio desta cidade, participou nunha expedición a Laponia para medir un arco do meridiano terrestre (confirmando as teorías de Newton de que a Terra achatábase nos Polos), e inventou o termómetro centígrado de mercurio.