O sol está esperto

2 Marzo 2012
erupción solar

O astro rei acaba de entrar nun período de máxima actividade. Tras épocas de tranquilidade sucédense etapas de gran traballo, que se dan de forma cíclica, en fases aproximadas de once anos. Cando o Sol acada a súa actividade máxima, aparecen manchas na súa superficie, marcando zonas frías. Dada esta diferenza térmica, pódense producir erupcións solares de gran intensidade.

Aínda que nós non sexamos conscientes, o pasado luns 23 de xaneiro, desencadeouse unha gran erupción na coroa solar, que está a lanzar á atmosfera una nube de extensión enorme de plasma magnetizado. Ademais, prodúcese tamén un bombardeo masivo cara ó noso planeta por parte de miles de millóns de partículas de gran enerxía procedentes do Sol. Este fenómeno é a maior tormenta solar que azota ó planeta Terra dende o ano 2005.

Consecuencias negativas

Segundo a Axencia Espacial Europea, o bombardeo de  protóns actuais é un suceso forte, pero non grave, polo tanto, o máis probable é que non causen danos importantes nas infraestruturas.  Mais, aínda así, pode provocar danos nos satélites, nas redes de comunicación, en aparellos eléctricos así como en rutas aéreas que atravesan zonas polares, polo que se tiveron que suprimir voos entre Asia e Estados Unidos.

Por último, destacar que xa se comezaron a crear protocolos en numerosos países, para poder estar preparados e saber cómo reaccionar cando cheguen novos fenómenos deste tipo, posto que é posible que se repitan non próximos anos; segundo estima a NOAA, producirase unha nova erupción no 2013, da que se descoñece a magnitude.

See video