O Sifaka

21 Abril 2014
sifaka

O sifaka branco ou de Verreaus é un lemur que vive nos bosques da illa de Madagascar.

Ten o corpo cuberto dun espeso pelo de cor branca con marrón ou negro nos laterais, os brazos e a partes superior da cabeza e unha gran cola que emprega para equilibrarse nos seus desprazamentos polas árbores. Vive nas árbores formando pequenos bandos e desprázase dando grandes saltos. Coñécense catro subespecies, todas protexidas e en perigo de extinción.