O segredo da eterna xuventude está nun verme

Identifican xenes que aumentan a lonxevidade e reducen a incidencia do cancro
15 Decembro 2012
Cynthia Kenyon

Cynthia Kenyon, directora do proxecto de investigación

Moitos dos xenes do verme teñen homólogos humanos, o que suxire que novos medicamentos algún día poderían asegurarnos unha vida larga e libre de cancro. Os vermes desa determinada especie, coñecida como Caenorhabditis elegans, foron os eixos centrais dun sorprendente descubrimento en 1993 pola bióloga Cynthia Kenyon, que topou naquel ano que un cambio nun só xene, chamado daf-2, facía duplicar a lonxevidade dos vermes. Este descubrimento levou á comprensión de que a duración da vida é regulada por xenes e resulta polo tanto modificable, en lugar de ser sempre o resultado do desgaste do corpo. O descubrimento posteriormente tamén se confirmou noutros animais, como os ratos. A nova investigación, levada a cabo por Kenyon e Julie Pinkston, da Universidade de California en San Francisco, resultou moi prometedora. Un punto de vista é que calquera mecanismo que retarde o envellecemento estimularía probablemente o desarrollo de tumores. Pero, consecuentemente, topáronse moitos xenes que aumentan a lonxevidade e ademais ralentizan a actividade tumoral. Os humanos temos versións de moitos destes xenes, polo tanto a investigación podería inducir a tratamentos que nos preserven do envellecemento e ademais do cancro por moito máis tempo do normal. De todos xeitos, dende o primeiro achado de que o xene daf-2 e outro coñecido como daf-16 regulan a lonxevidade, a investigación de Kenyon e o seu equipo persegue identificar os xenes aos que eles afectan á súa vez, aqueles que inflúen máis directamente sobre o envellecemento e o desarrollo de tumores. 

Caenorhabditis

Verme nematodo Caenorhabditis

O xene daf-2 codifica para un receptor da insulina así como para unha proteína similar a esta que promove o crecemento. No caso do daf-16, contén información para un chamado factor de transcrición, unha proteína que determina cando e onde centos doutros xenes son activados. A meta do novo estudo foi identificar xenes específicos regulados polo daf-16 e que afectaran ao relativo ao cancro e/ou a lonxevidade. As científicas empregaron un modelo establecido de tumor para os vermes. Entón, comezando cunha listaxe de 734 xenes dos que se sabía que son regulados polo daf-16, identificaron 29 que promovían ou suprimían o crecemento das células tumorais. Comprobaron que ao redor da metade dos xenes estimularon o crecemento de tumores, e a outra metade o limitou. Resulta destacable que máis ou menos a metade destes xenes afectan tamén á lonxevidade promedio en animais que non padecen tumores, o que da máis crédito ao modelo que Kenyon, no cal o receptor da insulina, daf-2, opera de maneira conxunta có factor de transcrición daf-16 para aumentar a lonxevidade e a resistencia a tumores. Os xenes que estimularon o desarrollo tumoral tamén se aceleraron o envellecemento, e os que frearon notablemente o desarrollo tumoral ralentizaron o proceso de envellecemento, estendendo a duración da vida. Kenyon e Pinkston están convencidas de que estes achados fortalecen a idea de que os elementos controladores da lonxevidade e os do cancro teñen raíces en común.