O reloxo máis preciso do mundo
Un par de reloxos atómicos experimentais baseados en átomos de iterbio estableceron un novo récord pola súa precisión.
Estes reloxos funcionan como péndulos ou metrónomos que poderían dar a hora de forma axeitada dende os últimos 21 séculos. Os físicos do Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST), onde foi elaborado, explicaron que é máis estable que calquera outro reloxo atómico. De feito, afirman que a súa actividade é unhas 10 veces mellor que calquera dos resultados presentados para outros reloxos destas características.
O enorme incremento na precisión ten unha base natural e obxectiva. Mentres os átomos de cesio 133 teñen aqueles 9.000 millóns de ciclos por segundo, os do estroncio fano a un ritmo de 431 billóns por segundo
Para funcionar, os reloxos atómicos usan unha rede creada con raios láser que se entrecruzan atrapando os átomos mentres se atopan oscilando dentro dunha cámara de baleiro. Esta malla é unha das súas grandes vantaxes, xa que apoian as súas medicións nunha nube de átomos e non nun só. Ademais, non hai que arrefriar de forma artificial os átomos.
Trátase dun paso importante na evolución dos reloxos atómicos, que suporía unha nova xeración destes. Ademais, o avance non se dá unicamente na hora normal senón noutros aspectos como a gravidade, os campos magnéticos e a temperatura. Entre as aplicacións que se poderían aproveitar desta mellora, están todos os sistemas que necesitan unha medida precisa e estable do tempo, como o GPS, os sistemas de navegación autónoma ou as misións espaciais.