O Prestige na memoria

9 Decembro 2012
Prestige 2012

Dentro das actividades da Semana da Ciencia 2012, aproveitamos que se cumplían 10 anos do accidente do Prestige e adicamos unha parte da exposición ás mareas negras e recuperamos traballos realizados naquel tempo para volvelos a coñecer: murais, presentacións, debuxos…

Achegamos aquí tres textos de alumnado de 1º de ESO

-A terrible traxedia do Prestige estivo nas costas galegas, estendeuse polo Cantábrico e chegou ata Francia.

A xente do mar, con valentía, enfrontouse a ela, collendo o chapapote coas mans, con tarteiras, tixolas…  Á xente de terra tamén lle afectaba, xa que se os do mar non tiñan traballo e non mercaban cousas, eles non tiñan ingresos. Axudaban levando comida, traxes de auga, marcariñas, botas…

Grazas á gran participación da xente conseguiuse limpar.

Pero eses meses de desesperación nunca se borrarán das cabezas da xente.

Laura González Domínguez

 

-O 19 de novembro de 2002 tivo lugar un acontecemento impresionante. O petroleiro “Prestige” afundeuse no mar e contaminou todo o que estaba ao seu redor provocando un dano increíble. Encheuse todo de fuel: o mar,  a costa, os animais…

Moitas persoas de diversos lugares axudaron a limpar ou colaboraron facendo de comer, rescatando animais feridos…

Isto deixou unha marca na historia moi grande. As persoas manifestáronse dicindo “isto non vai a ocorrer NUNCA MÁIS”.

A miña opinión é que foi un acontecemento impresionante que todos debemos recoradar. Isto ten que provocar unha marca nas persoas para que teñamos máis coidado.

Cloe Troncoso Torres

 

Unha marea negra é un verquido de petróleo ou derivados que afecta ao mar e inunda a costa.

A máis desastrosa en Galicia foi a do “Prestige” que durou varios meses, desde o 13 de decembro de 2002 ata o verán de 2003.

Toda Galicia foi á costa para axudar; primeiros cos seus propios medios e despois con axuda. E algúns protestaron facendo cadeas humanas: “NUNCA MÁIS”.

Eu daquela tiña dous anos, pero agora sei o que pasou e estou asustado: tantos animais mortos, tantas persoas sufrindo e axudando, e un muro negro de chapapote nas Rías!

Evaristo Portas González