O premio Nobel de Física 2005

1 Xaneiro 2014
premios nobel 2005

O premio Nobel de Física é entregado anualmente pola Academia Sueca aos científicos cuxas aportacións na física son de grande importancia.

No século XXI premiáronse con este Nobel a 38 físicos por que traballaron e contribuíron ó desenvolvemento ou invención de 15 proxectos.

O premio Nobel de Física 2005 foi outorgado ao estadounidense Roy J. Glauber, pola súa descrición teórica do comportamento das partículas lumínicas; e ao estadounidense John Hall e ao alemán Theodor Hänsch, polo desenvolvemento da espectroscopia de precisión baseada no láser, é dicir, na determinación da cor da luz dos átomos e moléculas con gran precisión.