Por que o pegamento non se apega ao seu envase?

22 Marzo 2013
pegamento

É obvio para todos que o pegamento non se pega ao envase, pero si o usamos, o tapón pégase á rosca ou a parte superficial solidifícase, mentres que o resto do pegamento, dentro, mantense coma sempre.

Este é o resultado de non pechar correctamente o tubo ou bote.

É dicir, o pegamento só se endurece e realiza a súa función de pegado cando entra en contacto co aire.  No seu envase non se pega porque non hai aire no interior, ou hai moi pouco.

Naqueles pegamentos disoltos en auga (como a cola ou outros disolvente máis potentes), o aire permite que se evapore a auga ou o axente disolvente que conteñen, quedando únicamente o axente adhesivo solidificado. Estos son adhesivos por evaporación.

Noutro tipo de pegamentos, os cianocrilatos, pegamentos rápidos como o SuperGlue, o proceso é diferente. Estos endurécense e adhiren ao entrar en contacto co hidróxeno. Os monómeros de cianocrilato polimerizan ao hidroxenarse co vapor de auga contido no aire. Son adhesivos por polimerización.