O patinaxe artístico sobre xeo

4 Abril 2012
patinaxe

O patinaxe artístico sobre xeo é un deporte de inverno que se practica desde moi antigo tradicionalmente en lugares xeados e máis habitualmente en pistas pechadas acondicionadas. Facíase como medio de desprazarse ou como entretemento. A modelidade de competición consiste en interpretar unha obra musical patinando sobre unha superficie xeada mentras se fan xiros, piruetas e saltos, de forma individual ou en parella.

Antes os patíns eran de óso e atábanse con cordas aos zapatos. Máis tarde inventáronse os patíns con coitelas de ferro (aparecen nunha ilustración de 1498). Actualmente as coitelas son de aceiro e máis curvadas e con serreta na punta.

A primeira competición internacional de importancia celebrouse en Viena en 1882. Nos Xogos Olímpicos de Londres de 1908 apareceu como deporte de competición e en 1920 pasou a ser deporte Olímpico.