O pasado faise presente

O incidente da illa Sentinel pon de actualidade ás civilizacións illadas
7 Xaneiro 2019
Indíxenas da illa Sentinel

Na actualidade, os tempos nos cales os seres humanos íamos con lanzas, arcos e frechas e vestíamos con taparrabos parece que se atopa moi afastado de nós, mais podemos atopar todo isto na nosa época. Nunha pequena illa do arquipélago de das Illas Andamán, pertencentes a India, duns 72 km2 de superficie e 8 km de ancho,atopase unha civilización da cal poderíase dicir que quedou na idade de pedra. Os denominados sentineleses, favorecidos polo illamento do seu territorio, viviron sen contacto co resto do mundo o que favoreceu un desenvolvemento distinto. Na illa tamén se poden atopar todo tipo de seres vivos os cales desapareceron hai moito tempo da maioría dos demais territorios.

Localización illa Sentinel

O goberno indio prohibiu a entrada a esta illa, non só polo perigo a ser atacado pola tribo, a cal é moi agresiva con todos os que se achegan a ela, senón que enfermidades que para nós non son nada, como pode ser unha simple gripe, para eles pode ser mortal. Por iso prohibiuse a entrada e así poder protexer a una sorprendente civilización. Recentemente, un misioneiro de nacionalidade estadounidense decidiu ir a evanxelizar este territorio para que coñeceran a “palabra de Deus”… Matárono antes de que lograse chegar á praia.

Non sabemos demasiado sobre a illa, pois a tribo tamén ataca os drons que se achegan a ela, pero aínda así sabemos con certeza que a existencia da mesma é un descubrimento máis importantes para a ciencia nestes tempos.