O parque Yellowstone cumple anos

6 Abril 2011
Yellowstone-a-

O Yellowstone National Park considérase Parque Nacional dende 1976, aínda que foi creado en 1872, sendo así o parque máis antigo do mundo, e un dos máis famosos de Estados Unidos.

Está en Estados Unidos, preto das Montañas Rocosas, no estado de Wyoming (aínda que ocupa unha pequena parte de Indaho e Montana. Está situado sobre unha meseta, a unha altura de2400 me ten unha extensión de 8.983 km² (898.300 hectáreas, un dos parques máis extensos do mundo). O Pico máis alto chámase Eagle, con3.462 m. O parque ten un clima de montaña e nel  nacen dous ríos: o Yellowstone e o Snake.

Unha das máis importantes características deste parque é a súa importancia xeolóxica, xa que a Caldeira de Yellowstone —tamén chamada Supervolcán1 de Yellowstone— é unha dos poucos exemplares deste tipo que existen na Terra. Se este Supervolcán entrase en erupción, a explosión sería debastadora e moi potente. Os científicos estiman que nuns anos entrarará en erupción, pero como a especie humana nunca viviu unha explosión dun Supervolcán, é difícil estimar cando se producirá xa que non se coñecen os fenómenos naturais que nos poden aportar datos indicativos das características da explosión.

A súa erupción máis violenta foi hai 2’1 millóns de anos, expulsando 2.450 km³ de materia volcánica. A segunda erupción sucedeu hai 1’2 millóns de anos, expulsando só 280 km³ de materia volcánica. Houbo unha terceira hai 640.000 millóns de anos, produciuse unha novamente, máis catastrófica cá anterior, expulsando 1.000 km³.

Yellowstone tamén é moi rico en xéiseres, cóntanse arredor de300, amaior concentración do mundo. Un dos máis coñecidos, o Old Faithul, durante 5 minutos expulsa30.000 litrosde auga aproximadamente, e as súas erupcións suceden cada unha ou dúas horas.

A fauna ten un gran interese. Destaca a presenza do lobo gris (unha especie que está en perigro e foi reintroducida), o lince, o oso grizzly (especies que se atopan ameazadas), o bisonte, o oso negro, o puma, o wapiti, o alce, o cervo, a cabra das montañas rocosas, o muflón canadiense, o esquío, o coello, o ratón de campo, a musaraña, a londra, a marmota, 318 especies de aves (águia de cabeza branca, águia pescadora, falcón, grúa branca, ciño trompeteiro…e numerosos anbios, peixes, réptis e invertebrados.

Yellowstone conta con 1.700 especies de plantas autóctonas e 170 introducidas. Predominan os bosques de coníferas, álamos e chopos. Destaca a Yellowstone Sand Verbena, planta propia do parque e moi escasa, xa que só conta con 8.000 especímenes.

Algunha cusiosidades:

—O coñecido Oso Yogi vivía en Jellystone, unha caricatura do famoso parque de Yellowstone.

—Yellowstone conta con 10.000 fontes termais, así como 300 xéiseres, respiradoiros de vapor, caldeiras de barro e fumarolas.

—O nome Yellowstone, que en galego significa “pedra amarela” provén da cor das rochas que se poden apreciar no Gran Cañón de Yellowstone.

Yellowstone-a-1