O pangolín

17 Maio 2014
pangolín

Os pangolíns son un xénero de mamíferos folidotos da familia Manidae que habitan en nas áreas tropicais de África e Asia.

Teñen o corpo cuberto de grandes escamas córneas. Os asiáticos caracterízanse por ter pabillóns auditivos externos e escamas debaixo da cola. O tamaño varía segundo as especies, desde 30 cm a 1 m de lonxitude. Teñen as patas curtas cunhas garras fortes que empregan para escavar. Non teñen dentes e aliméntanse de termitas que capturan coa súa longa lingua.

Cando se senten ameazados poden enrolarse formando unha bola coas escamas como armadura protectora.

As poboacións de pangolíns víronse moi reducidar polo emprego da súa carne como alimento e pola crenza de que as súas escamas teñen poderes medicinais.